lunes, 12 de diciembre de 2016

RSS

RSS son as siglas de Really Simple Syndication ("sindicación" en inglés aplícase a empresas de varios xornais), un formato XML para sindicar ou compartir contido na web. Utilízase para difundir información actualizada frecuentemente a usuarios que se subscribiron á fonte de contidos. O formato permite distribuír contidos sen necesidade dun navegador, utilizando programas chamados agregadores de noticias, deseñados para ler contidos RSS, tales como Mozilla Firefox ou Internet Explorer, entre outros. A pesar diso, é posible utilizar o mesmo navegador para ver os contidos RSS. As últimas versións dos principais navegadores permiten ler os RSS sen necesidade de software adicional. RSS é parte da familia dos formatos XML, desenvolvido especificamente para todo tipo de sitios que se actualicen con frecuencia e por medio do cal se pode compartir a información e usala noutros sitios web ou programas. A isto coñéceselle como redifusión web ou sindicación web (unha tradución incorrecta, pero de uso moi común).

Pero por que é tan utilizado?
As RSS son tan utilizadas por unha simple razón, axilizan o proceso de busqueda de información , debido a que nos non temos que buscar a información senon que a información chega a nos grazas a esta aplicación, axilizando tanto o proceso de busqueda o como o tempo que perdemos en encontrar os blogs.

No hay comentarios:

Publicar un comentario