domingo, 18 de diciembre de 2016

Real Paliza

Cambio de actitude? Acerto de cara a portería? Un 11 que funciona?... Moitas serían as preguntas que nos poderiamos facer para saber por que o Depor pasou de ser un equipo que non atopaba acerto de cara a gol e aínda encima encaixaba os suficientes goles como para non poder sacar os partidos adiante, pero agora toda cambiou o depor é o equipo mais goleador das últimas xornadas con 10 goles nos últimos 3 partidos, o dianteiro romanés Florin Andone leva 5 goles nas últimas 4 xornadas, mentres o talentoso atacante holandés Ryan Babel segue achegando goles (3 esta tempada), en canto ao aspecto negativo é que perdeu esa solidez defensiva que consiguio durante as primeiras xornadas encaixando tan só 2 goles nas 4 primeiras xornadas. Aínda así habemos de ser cautos e saber que sen conseguir puntos non se pode saír da parte baixa da táboa.

En canto ao partido vivido o luns en Riazor , pouco hai que dicir, fai moito que non se gozaba dun marcador tan amplo en primeira división (5-1), Riazor foi unha festa e todos os xogadores foron recompensados pola afección que por un día púidose marchar cunha alegría d ereja a orella. O partido na miña opinión foi dominado de pes a cabeza polo Deportivo que cunha presión alta (especialemnte a Illarramendi, o cal sufriu a falta do seu compañeiro no centro do campo;Zurutuza), recuperou moitois balóns cercanos a porteria e creo moito peligro nos primeiros 45 minutos, chegando a poñerse 3-0 o seu favor, con ese resultado marcharíanse a o descanso.

Na segunda parte o partido calmouse moito mais onde o deportivo baixou o ritmo do partido, e a pesar de recortar distancias cun gol da Real, o Deportivo conseguíu aumentar a sua ventaxa con outro tanto de Andone, e un penalti dudoso pitado a favor deste que transformou despois dun rexeite Ryan Babel. E con esto chegouse ao final do partido, cuns 3 puntos que facían moita falta na parroquia Blanquiazul.




No hay comentarios:

Publicar un comentario