lunes, 19 de diciembre de 2016

Sobrou o minuto Ramos

Sobrou o minuto Ramos , de novo Sergio Ramos tirou todo o traballo de un equipo nos ultimos intres, o Deportivo non foi o único nin tan siquiera sera o ultimo en recibir outro imponente gol de cabeza do central sevillano; a pesar disto, non se pode esquecer o traballo realizado polo deportivo durante todo o partido, o cal chegou a ir gañando 1-2, tras remontar o gol de Alvaro Morata.

O mellor do partido sen ningunha dúbida foi a volta os terreos de xogo e a que foi a sua casa de Joselu, o cal marcaría un doblete na sua reaparición, unha volta mellor IMPOSIBLE. Tamén a labor de Florin Andone que unha xornada maís segue demostrando porque o Deportivo pagou o que pagou (5 millóns de €) e apostou tanto polo atacante rumano.

O partido parecía un partido extraño para o Real Madrid; o cal estivera xogando cuns xogadores a priorí suplentes (Morata,Danilo,Asensio,...) pero estes suplentes cabe destacar que son internacionaís nas suas respectivas seleccións, non conseguía chegar con fluídez e o partido estivo atascado ata a segunda parte a cal foi un festival de goles (5 en total).

En xeral, un partido extraño que se escapou nos ultimos intres, pero non se pode dicir que non mereceran traer algún punto para Galiza, na próxima xornada tocaralle enfrentarse o Osasuna un rival directo pola permanencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario